Apoyo y compromiso de la comunidad educativa con Égueire

EGUEIRE participó en las II Xornadas Interculturais organizadas por el CPI Plurilingüe A Picota, un encuentro centrado en la convivencia, la diversidad cultural y la solidaridad.

En el marco de esta jornada, se celebró un mercado solidario cuya recaudación fue destinada a apoyar los proyectos de cooperación de EGUEIRE en Costa de Marfil. Gracias a la implicación de la comunidad educativa, se lograron recaudar 550 euros que contribuirán a seguir desarrollando iniciativas en el terreno.

Desde EGUEIRE queremos agradecer sinceramente este gesto de apoyo y compromiso solidario.

Artículo de un alumno de CPI Plurilingüe A Picota  

II Xornadas Interculturais do CPI Plurilingüe da Picota

Mércores 28.01.25

O pasado mércores tivemos unha charla moi solidaria. Dous integrantes da ONG Egueire faláronnos sobre algúns proxectos que esta organización levou a cabo en Costa de Marfil, e dos outros moitos que aínda estaban en proceso. Como por exemplo a mellora da infraestrutura sanitaria nese país, ampliando ramas clave para o desenvolvemento do lugar, integrando novo material sanitario nun centro médico dunha das localidades máis necesitadas e con menos recursos.

Tamén nos contaron un pouco sobre as tradicións e costumes daquel país, e das moitas carencias que, por desgracia, a poboación ten que soportar. Isto sérvenos para pensar e reflexionar da moita sorte que temos polo simple feito de naceremos nun país çdesenvolvido e no que temos todas as necesidades básicas cubertas.

E incríbel que unha ONG nacida en Mazaricos poida facer tanto por esas persoas de Costa de Marfil, o que nos fai pensar que calquera pode axudar independentemente da zona na que viva.

Isto ensínanos que non é necesario estar nunha gran cidade para axudar a outras persoas que o necesitan, pois os integrantes desta ONG nacida en Mazaricos demóstrannolo.

 

Brais Capelo Martínez (4oESO)